Llame AhoraBlog

De todos é ben sabido que nas Bibliotecas Municipais somos fieis amantes do libro e a lectura, pero tamén o somos dos nosos usuarios e usuarias. Por iso, polo DÍA DO LIBRO levaremos a cabo diversas accións:

  • CONSULTORIO DE LECTURA: coma todos os anos, estaremos nos Cantóns “recetando” lecturas. Cóntanos cal é a túa doenza e o noso persoal “sanitario” saberá neutralizala
    + info:

http://goo.gl/YFZBk

  • PHOTOCALL: ti es a nosa estrela e tes que demostralo. Ven ao noso photocall para que che fagamos unha divertida foto que logo poderás descargar da nosa web

  • QUEDADA lectora: leremos todos xuntos, en voz alta e de xeito simultáneo, unha novela, un xornal, un conto…Ven o martes 23 de abril ás 19 horas ao OBELISCO
    + info:

http://goo.gl/ORizb

  • GLOBOS CON MENSAXE: soltaremos ao aire globos con divertidas mensaxes. Elixe a túa e sóltao!
    + info:

http://goo.gl/W9KZX

  • LIBROS NAS ESTACIÓNS: de 12h a 18h esteremos nas estacións de TREN

http://goo.gl/uzqcm, BUS http://goo.gl/pxtUd e no AEROPORTO agasallando libros para as vosas viaxes

  • VISITAS GUIADAS para coñecer o pasado e o presente da nosa cidade na Biblioteca de Estudos Locais, e para descubrir os tesouros que temos na Biblioteca Infantil e Xuvenil.
    + info Infantil e Xuvenil:

http://goo.gl/Ttt4A
+ info Estudos Locais: http://goo.gl/0v5JL

Repartiremos tamén libros libres. Sabes o que é o bookcrossing? Ven e descúbreo!http://www.bookcrossing-spain.com/

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Servizo Municipal de Bibliotecas da Coruña
Coordinación TiC
981184384 – Durán Loriga 10, 4º – 15003 A Coruña

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies