Llame AhoraBlog

XOVES DE XUÑO NO ÁGORA. ENTRADA DE BALDE

OS XOVES 6,13,20 E 27 DE XUÑO NO ÁGORA. BMC. ENTRADA DE BALDE 20 H.

A *BMC* presenta o seu novo ciclo no fermoso auditorio do centro ÁGORA.
Serán os xoves  do mes de xuño, 6, 13, 20 e 27 con unha programación
variada e con persoeiros da música moi relevantes. Todos os concertos son
as 20 H. e con entrada libre ata completar aforo.

*O xoves 6 de xuño* presentamos un programa adicado a música do cine,
con *Antón Alcalde *de protagonista. *THE PANSWOP -O PRESTAMISTA* unha banda sonora do
compositor rianxeiro que sera a banda sonora da famosa película de *Chaplin.

* Durante a execución da partitura poderase ver a cinta proxectada da
película de Chaplin. Clásicos do cine completan o programa.

*O xoves 13 de xuño * a coral polifónica *EL ECO*, prestixiosa entidade da
cidade da Coruña será a base fundamental para o programa adicado a
zarzuela. Dous novos valores da cidade, *Pedro M. Tapia*, baritono, e *Clara
Jelihovschi*, soprano, cantarán duos e romanzas do noso xénero lírico.

*O xoves 20 de xuño * un dos pratos fortes do ano, o maestro *José Rafael
Pascual Vilaplana, *prestixoso director e compositor español, dirixirá como
convidado por primeira vez a BMC. O programa co título *”De lugares e
tradicións” *non se debe perder.

*O xoves 27* de xuño despidese a tempada a BMC co director holandés *Bram
Sniekers *e solista *Jorge García Porral* (Clarinete) cun programa sublime
que inclue a *Joaquín Rodrigo* e o concerto para clarinete de *M. Ellerby.*

O *mércores 19 de xuño* na praza de San Andrés, o tradicional concerto
organizado por *HOGUERAS DE SAN JUAN*, cun programa de pasodobres. As 20 H.

rua Ágora s/n
agora@coruna.es
www.centroagora.es
981 – 189 888

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies