Llame AhoraBlog
Hosting por dinahosting.

USO TELÉFONOS MÓVILES NO CENTRO

          USO DE TELÉFONOS MÓVILES NO CENTRO

A Coruña, 20 de xaneiro de 2014

 

Estimad@s pais/nais:

 

Ante a problemática xurdida nos últimos días, en referencia ó uso de teléfonos móviles no colexio por parte do alumnado, a Dirección deste centro, así como a Xunta Directiva da ANPA Mar do Orzán, comunícavos que está prohibido o uso do mesmo dentro do centro. Polo tanto, os alumnos que o traian, deberán apagalo no instante mesmo de entrar e volver a encendelo cando saian.

En caso de atopar a un alumn@ facendo uso do mesmo dentro do horario do colexio (non só en horario lectivo, senón tamén en horario de comedor e/ou actividades extraescolares), o móvil será requisado e enviado a dirección.

 

Para recuperalo, os pais terán que dirixirse a Dirección para que lles sexa devolto.

 

Xunta Dtva. ANPA MAR DO ORZÁN                                 DIRECCIÓN CEIP EUSEBIO

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies