Llame AhoraBlog

Pago axudas cheque comedor curso 2012/2013

Estimados/as socios/as:

Desde a Anpa Mar de Orzán queremos comunicarvos que imos realizar o pago das axudas da Conselleria de Educacion a todas as persoas usuarias do comedor escolar no curso pasado correspondentes aos seguintes períodos: curso académico 2012/2013.

A forma de pagamento será mediante cheque bancario que se entregará no local da Anpa, en horario de 16 a 18 h  os días 11 e 12 de marzo de 2014.

Para evitar aglomeracións repartimos orientativamente ás persoas segundo a letra do primeiro apelido da/o nena/o nos seguintes días:

 ∙ MARTES, 11 DE MARZO: LETRAS A-M

 ∙ MERCORES, 12 DE MARZO: LETRAS N -Z

 

As persoas que non poidan vir o día que lle corresponda poden recoller o cheque calquera outro día. Para verificar a identidade necesitamos o DNI ou pasaporte da nai, pai ou titor legal do comensal e o libro de familia.

 

REVISIÓN: No momento do pago mediante cheque, despois da acreditación coa documentación indicada, podedes revisar as cuantías do gasto efectuado no comedor e da axuda que lle corresponda ao voso fillo/a e facer tamén as reclamacións que consideredes oportunas.

 

Lembrámosvos o acordo adoptado pola asamblea do 28 de abril de 2010,despois da consulta desta asociación á Federación de Apas de colexios públicos de A Coruña: “o dereito dos asociados a reclamar o importe correspondente a unha determinada subvención decaerá transcurrido un ano desde o inicio do período de cobro”.

 

Tamén informamos que, como en anteriores anos, no momento de expedir o cheque descontaremos as cuotas adeudadas á Anpa en caso de non ser socios, posto que é requisito imprescindible  para os usuarios de comedor ser socios da Anpa

 

 

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

 

 

 

AUTORIZACIÓN DE RECOLLIDA DE CHEQUE

 

D/Dona ………………………………………………………………………..con DNI……………………………….

 

Titor legal do/s alumnos/as …………………………………………………………………………………………

 

Autorizo a recoller no meu nome o cheque bancario a D./Dona ……………………………………………

 

Con DNI nº ……………………………………………….

 

circular reparto subvencion 2012-13

 

 

Sinatura da persoa autorizante:                                          Sinatura da persoa autorizada:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies