Llame AhoraBlog

NUEVA CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Por acordo da Xunta Directiva da Asociación de nais e pais “MAR DO ORZAN”, convócase a tódolos asociados á Asamblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o día Mércores 27 de Maio de 2015, ás 17.45 horas en primeira convocatoria, e ás 18.15 horas en segunda, no salón de actos do colexio de educación infantil e primaria (CEIP) Eusebio da Guarda, de A Coruña, sito na Praza de Pontevedra nº 21.
A Asamblea poderán asistir tódolos asociados país e/ou tutores legais dos alumnos do CEIP “Eusebio da Guarda” de A Coruña. Terán dereito a voto e poderán exercelo independientemente o pai, a nai ou, no seu caso, os tutores legais dos alumnos.

 ORDE DO DIA:

1º- Lectura e aprobación da acta da anterior Asamblea.

2º- Ratificación dos cargos da Xunta Directiva.

3º. Información sobre as próximas actuacións e votación para a autorización para dispor de fondos.

4º. Petición de novos membros por renovación parcial da Xunta Directiva.

5º. Rogos e preguntas.

A Coruña, 20 de Maio de 2015.

 

A Presidenta

Silvia Martínez Fernández​

A Secretaria

Mariña Vázquez Rodríguez

 

NOTA: no patio do colexio haberá monitores que vixiarán ós nosos fillos mentres xogan, durante o transcurso da reunión.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies