Llame AhoraBlog

AXUDAS DA XUNTA PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR. PUBLICACIÓN NO DOGA.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio) establece, no seu artigo 4, que o ensino básico é obrigatorio e gratuíto para todas as persoas. Así mesmo, no seu artigo 83 recolle o establecemento de bolsas e axudas ao estudo para garantir a igualdade no exercicio do dereito á educación.

Para tal fin, a Orde do 22 de maio de 2015 convocou axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o seu uso no curso escolar 2015/16.

Agora, mediante esta orde complétanse as garantías ofrecidas cos citados instrumentos, e coa finalidade de reforzar o apoio ás familias con maiores dificultades, establécese unha nova liña de axudas para a adquisición de material escolar dirixida a aquelas que teñan unha renda per cápita menor.

+info: Publicación no DOGA da orden sobre as axudas da xunta a compra de material escolar

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies