Llame AhoraBlog
Hosting por dinahosting.
FEDAPA GALICIA

COMUNICADO: SOBRE SUBVENCIÓNS AS ANPAS CON FONDOS EUROPEOS

 

logo confapa galicia
logo confapa galicia
 
A Consellería de Igualdade ven de impoñer uns requisitos inaceptables para conceder subvencións ás Asociacións de Nais e Pais, (ANPAs), para as actividades extraescolares que se realizan co fin de facilitar a conciliación da vida escolar e laboral ou familiar.

Entre os requisitos figura que só se subvenciona ás familias cuns ingresos menores a 6,5 veces o IPREM, que a actividade sexa realizada polo menos por dez alumnos e que as familias que se vexan neste caso presenten a súa Declaración da Renda na ANPA correspondente para que esta, á súa vez, poida solicitar a subvención.
Vaiamos por partes:
En primeiro lugar, que a subvención non sexa destinada á ANPA senon a un número determinado de familias socias é algo novedoso e, desde logo, discriminatorio: as ANPAs están formadas por todas as familias dun centro educativo que desexen ser socias e pagan unha cuota anual en igualdade de condicións, cos mesmos dereitos e deberes e, por suposto, co mesmo prezo a pagar por actividade extraescolar.
A xunta directiva dunha ANPA non está autorizada a pedir a Declaración da Renda a ningún socio, nin o socio a entregarlla. Hai unha Lei de Protección de Datos que as ANPAs aplicamos escrupulosamente. Por outra banda, unha ANPA non é unha empresa nin debe facer labouras propias dunha xestoría.
Esixir un mínimo de alumnos nunha actividade é algo que non ten aplicación, por exemplo, no ámbito rural: de realizarse só actividades cun mínimo de dez alumnos, non podería levarse a cabo cáse que ningunha. Existen casuísticas a ter en conta como a posibilidade de transporte, as propias instalacións do centro educativo, etc.
Como sabe a directiva dunha ANPA que inicia unha actividade cantos nenos ou nenas participantes van estar por baixo da renda esixida para a subvención?
O grupo parlamentar socialista e, nomeadamente, Don Vicente Docasar Docasar, voceiro de Educación, presentou a instancias da Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos, (CONFAPA), unha pregunta sobre este asunto o 21 de xaneiro á Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
Namentras, o venres 22 reuníase o vicepresidente de CONFAPA, o compañeiro Rogelio Carballo -presidente da FANPA Pontevedra- coa Secretaría de Igualdade. Conseguíuse, únicamente, que a Declaración da Renda poideran presentala as familias á Administración e non á propia ANPA. Pero os demáis requisitos seguen en pé, co cal seguimos estando ante unha pretendida subvención con fondos europeos que non vai chegar a ningures.
Desde CONFAPA-GALICIA denunciamos esta situación, toda vez que entendemos que as subvencións deben destinarse ás ANPAS polo labor conciliador que veñen realizando desde sempre e nunca impoñendo elementos que poidan supoñer segregación entre os membros das asociacións.
Queremos saber tamén que destino levarán os cartos destinados a este despropósito de subvención que, evidentemente, moi poucas Asociacións de Nais e Pais -por non aventurar ningunha- poderán solicitar
A Coruña, 24 de xaneiro de 2.016
Helena Gómez Vecino
Presidenta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies