Llame AhoraBlog
Hosting por dinahosting.

ENQUISA SOBRE ACOSO ESCOLAR

Amigos e amigas:

Co fin de coñecer en maior profundidade a incidencia e gravidade dos casos de acoso escolar, así como as respostas ofrecidas tanto desde os centros educativos como desde as familias, dende a FEDAPA fannos chegar un estudo interno promovido por CEAPA (Confederación española de APAs de Centros Públicos).

Para iso, elaboraron un cuestionario anónimo con distintas preguntas relacionadas co acoso escolar. Rogamos a vosa colaboración. A enquisa, unha vez cumprimentada, debédela remitir escaneada a fedapascoruna@fedapascoruna.org. A data tope para recibir as enquisas é o 14 de abril. Agradeceriámosvos o voso interés tanto para cumprimentalo como para difundilo, e así contar coa maior información posible.

Xunta Directiva da Anpa Mar do Orzán

+info: Formulario Enquisa Acoso Escolar 2016

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies