Llame AhoraBlog
CAMPAÑA INFORMATIVA REVÁLIDA DE 6º PRIMARIA. COMUNICADO CONFAPA

CAMPAÑA INFORMATIVA REVÁLIDA DE 6º PRIMARIA. COMUNICADO CONFAPA

Compañeiras, compañeiros:

A LOMCE segue implantada e debemos minimizar os seus efectos porque afectan a toda a sociedade e ao alumnado en particular, que son as nosas fillas e os nosos fillos.

O Real Decreto 126/2014 de 28 de febreiro sinala que “Ao finalizar o sexto curso de Educación Primaria realizarase unha avaliación final individualizada a todos os alumnos e alumnas, na que se comprobará o grao de adquisición da competencia en Comunicación lingüística, da Competencia matemática e das Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como a consecución dos obxectivos da etapa. Dita avaliación realizarase dacordo coas características xerais das probas que estableza o Goberno, previa consulta ás Comunidades Autónomas”.

É preciso manifestar o noso rexeitamento á realización da Avaliación Final de Primaria segundo marca a LOMCE. Temos clara a finalidade desta proba: a súa realización e resultados non van repercutir de maneira positiva nin para o alumnado nin para os centros, polo que debemos opoñernos á proba e, para iso, é necesario realizar unha actuación conxunta CONFAPA-GALICIA, Federacións Provinciáis, ANPAs e nais, pais e titores a título individual.

Temos elaborados uns documentos base que vos adxuntamos no correo nos que se pide información sobre as medidas que está previsto tomar en base ós resultados de dita proba.

CEAPA, Confederación Española de Pais do Alumnado, da que CONFAPA forma parte, pedirá no MECD información sobre as instruccións dadas ás distintas Consellerías de Educación. CONFAPA-GALICIA pedirá información á Consellería de Educación e ao Consello Escolar de Galicia sobre as instruccións dadas aos centros educativos.

As Federacións Provinciáis da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, aos correspondentes Xefes Territoriáis provinciáis.

As ANPAs ao director do seu Centro.

Os conselleiros e conselleiras do Consello Escolar do Centro (representante da ANPA e conselleiros electos) pedirán información ao Presidente/a de dito órgano sobre as medidas acordadas que se adoptarán tras coñecer o resultado da proba para transmitilo aos seus representados.

Nais, pais e titores legais pedirán información ó Director/a do centro educativo e aos titores de 6o e, no caso de non recibir resposta ou de que lles comuniquen que as medidas que se van adoptar no caso de non superar a proba son prexudiciais para os seus fillos/as, deben comunicar mediante un documento que non autorizan a que se lles practique a proba.

Acompañando esta comunicación, achegamos os que temos que presentar en cada centro escolar:

NAIS e PAIS:

  • Documento pedindo información á Dirección do Centro.
  • Documento pedindo información ó titor/a.
  • Documento no caso de ausencia de resposta.

Cada Federación Provincial pode comezar a desplegar esta comunicación a través das súas ANPAs de xeito independente; non hai moito prazo e urxe facelo canto antes.

Desde CONFAPA-GALICIA enviaremos nota á prensa comunicando esta actuación.

Un saúdo cordial,

Helena Gómez Vecino. Presidenta Confapa

+info: Documentos

1 comentario en “CAMPAÑA INFORMATIVA REVÁLIDA DE 6º PRIMARIA. COMUNICADO CONFAPA

Los comentarios están cerrados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies