Llame AhoraBlog
Hosting por dinahosting.

XUSTIFICANTE DE AUSENCIA DO ALUMNADO AS REVÁLIDAS-LOMCE DE MAIO

Prezados compañeiros e compañeiras:

Dende CONFAPA nos remiten o impreso que teñen pefectamente definido para xustificar a ausencia dos nosos fillos e fillas as chamadas probas de 3º e 6º de Educación Primaria, convocadas para este mes de maio pola administración educativa.

Desde CONFAPA-GALICIA, e as súas Federacións, queren deixar claro que a decisión de non someter aos nosos fillos e fillas a unhas probas que, de non cumplir o imperativo legal que establece a LOMCE, e tras recibir a resposta do Director Xeral de Educación da Consellería, así como a circular emitida pola Consellería con destino as familias, amósanse inútiles, antipedagóxicas e segregadoras. Pero esa decisión debe de ser tomada no espazo de decisión máis íntimo que é o da familia. Queremos que a decisión de non presentar aos fillos e fillas a esas probas sexa unha decisión consciente, activa e informada, e desde a certeza de que, esa non asistencia, non terá efecto ningún sobre o alumnado. Simplemente será “non presentado“. Sen outras consecuencias.

Siguen sin estar publicadas as Ordes de Avaliación de Primaria e de Secundaria, polo que, tal e como informamos nas diferentes reunións coas ANPAs e familias, non podemos asegurar que o risco dunha nota negativa no expedente academíco do alumnado, en calquera das competencias que pretendese avaliar nas reválidas, non teña efectos indesexables para os nosos fillos e fillas, especialmente no paso á ESO.

+info: XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO

2 comentarios en “XUSTIFICANTE DE AUSENCIA DO ALUMNADO AS REVÁLIDAS-LOMCE DE MAIO

  1. Hola, boas tardes, non son capaz de encontrar o enlace para baixar o xustificante para que o neno o leve o Centro.
    Poderiádesme decir como teño que facer.
    Gracias

    • Hola Alejandro. Sentimos as molestias polo noso erro. Xa volve a estar activo o enlace o xustificante o final da entrada. Tamen podelo descargar dende aqui
      Saudos!

Los comentarios están cerrados.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies