Llame AhoraBlog
logo conselleria de educacion e ordenacion universitaria xunta

ME PARENTS. XORNADAS SOBRE OS RISCOS DO USO DE INTERNET POLOS MENORES

Estimados compañeiros,

A Consellería de Cultura, Educación e O.U coordina o proxecto europeo PARENTNETS no que traballa con 6 organismos de distintos países da U.E. Este proxecto, financiado polo programa Erasmus+ Acción KA2 xurde como resposta ao aumento do acoso aos xoves a través das redes sociais.

A finalidade do proxecto é a formación de adultos – país, nais, profesorado e orientadores,  nas principais redes sociais e nas actividades que os menores levan a cabo na rede, expoñendo os seus usos e vantaxes e facendo especial fincapé na detección e prevención dos riscos que as novas tecnoloxías poden presentar para os máis xoves. Un dos principais resultados do proxecto é a páxina web http://parentnets.com/ga/ na que se pode acceder ao manual multimedia e un videoxogo sobre acoso.

Pola presente comprácenos invitalos a unhas xornadas de formación presencial que terán lugar o vindeiro 2 de xuño de 2016 en Santiago de Compostela, no contexto do proxecto, destinada a pais e nais de alumnos, profesorado, orientadores, co obxecto de dar a coñecer o proxecto e centrarase no  acoso na rede, as súas consecuencias así como na súa prevención ou intervención.

Os interesados poden inscribirse na seguinte ligazón: http://parentnets.com/seminario/, onde está incluído o programa das xornadas. O prazo de inscrición remata hoxe, luns 30 de maio de 2016.

Pode obter máis información no enderezo electrónico: international@ribeira.org ou nos teléfonos 986 33 22 93 e 981 546545.

 

Atentamente,

Amador Ordóñez Puime

Asesor Programas Europeos

Dirección Xeral de Educación, FP e IE

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies