Llame AhoraBlog
Hosting por dinahosting.

GRAN FESTA FIN DE CURSO 2016

Cartel Festa Fin de Curso 2016
Cartel Festa Fin de Curso 2016
​​​​​
FESTA FIN DE CURSO 2016
Estimadas familias:
Achéganse as vacacións e dende a ANPA, un ano mais queremos empezalas con bo pé. Por iso, comezaremos organizando a FESTA DE FIN DE CURSO que terá lugar o próximo sábado 18 de xuño de 17.30 a 20.30 h.
A festa terá lugar no patio do colexio. A entrada incluirá:
– Inchables e Toro mecánico.
– Pintacaras e taller de Jumping clay.

– Discoteca.

– Pinchos e bebidas.

– Sorteo de regalos.

As entradas venderanse no local da ANPA a semana do 13 ó 17 de xuño.
Tamén se poderán mercar camisetas brancas con anagrama da Anpa, como o uniforme, a 5€.
O prezo das mesmas é:

– 2€/ persoa para as familias socias.
– 4€ / persoa para as familias non socias.
– 5€ / persoa tarifa única o día da festa.
 
A data tope para mercar as entradas anticipadamente é o Venres 17 de Xuño. O horario de venda será:

– Luns-Venres: 17:00-18:00

– Sábado: 17.30-18.30 na entrada á festa.

Como en anos anteriores, regalaremos as entradas aos alumnos de 6º, sen embargo deberán pasar antes durante a semana a retiralas, así como mercar a dos seus acompañantes.


Cada familia poderá mercar 2 entradas de acompañante, a prezo de socio, ademais dos alumnos, o resto de entradas a maiores serán a prezo de non socio. Menores de 3 años gratis.

 
¡¡¡¡¡¡Esperamos que vos animedes a vir!!!!!!
¡¡¡¡FELICES VACACIONS A TOD@S!!!!

Un saúdo,
Xunta Directiva
AMPA MAR DO ORZÁN

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies