Llame AhoraBlog

O SON DO NADAL. CAMPACOLE 2016


Despois da boa acollida do programa Cóxegas e tratando de seguir dando resposta ás necesidades de conciliación das familias, planificouse o programa CAMPACOLE, subvencionado polo convenio firmado entre o Concello e a Federación. 

Por temas organizativos e de operatividade, escóllese como sede un centro por cada zona escolar da cidade. Aínda que teñen preferencia os escolares matriculados no centro onde se desarrolla o campamento, está aberto a nenas e nenos de Ed. Infantil e primaria matriculados nos CEIPs do concello da Coruña.

Nestes intres contamos coa aprobación para a realización do programa no CEIP Anxo da Garda e CEIP Sanjurjo de Carricarte, á espera da incorporación de novos centros, do que manterémosvos informados.

Os días da actividade serán o 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro así como o  2, 3, 4 e 5 de xaneiro.

Sáudos

+info: CEIP Anxo da Garda / CEIP Sanjurjo de Carricarte

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies