Llame AhoraBlog
Hosting por dinahosting.
Plataforma Defensa Ensino Publico

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA CONVOCA FOLGA NO SECTOR EDUCATIVO O 9 DE MARZO

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA-
GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, máis STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo.

O goberno afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei educativa de consenso. Pero a realidade demostra o contrario poñendo todas as trabas posibles a calquera iniciativa que acabe co a LOMCE. En primeiro lugar a subcomisión parlamentaria, que ten unha vixencia de seis meses, leva paralizada xa máis de dous; ademais modificou o seu obxectivo, que xa non será configurar unha nova lei senón un documento sobre a estratexia 2020, que quizas sirva para unha nova lei, ou non.

Simultaneamente acorda acudir ao Tribunal Constitucional para intentar anular o acordo do Congreso polo que se impulsa a paralización da LOMCE, opóndose á vontade da comunidade educativa de derrogar a LOMCE e acadar unha nova lei educativa, a pesar da súa situación minoritaria no Congreso dos Deputados. Actúa desprezando á comunidade educativa e ao poder lexistativo onde reside o poder popular.

+info: Comunicado Plataforma en Defensa do Ensino da Folga do 9 de marzo 2017

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies