Llame AhoraBlog

PAGO DAS AXUDAS OS USUARIOS DO COMEDOR NO CURSO 2015/2016

 Estimados/as socios/as:

 Desde a Anpa Mar de Orzán queremos comunicarvos que imos realizar o pago das axudas da Consellería de Educación a todas as persoas usuarias do comedor escolar no curso pasado correspondentes aos seguintes períodos: curso académico 2015/2016.

 A forma de pagamento será mediante cheque bancario que se entregará no local da Anpa, en horario de 16 a 18 h os días 15 e 16 de febreiro.

Para evitar aglomeracións repartiremos ás persoas segundo a letra do primeiro apelido da/o nena/o nos seguintes días:

 ∙ MÉRCORES, 15 DE FEBREIRO: LETRAS A-M

 ∙ XOVES, 16 DE FEBREIRO: LETRAS N -Z

 As persoas que non poidan vir o día que lle corresponda poden recoller o cheque calquera outro día, tendo que esperar a que estén firmados polas dúas persoas autorizadas. Para verificar a identidade necesitamos o DNI ou pasaporte da nai, pai ou titor legal do comensal.

 Lembrámosvos o acordo adoptado pola asemblea do 28 de abril de 2010, despois da consulta desta asociación á Federación de Apas de colexios públicos de A Coruña: “o dereito dos asociados a reclamar o importe correspondente a unha determinada subvención decaerá transcorrido un ano desde o inicio do período de cobro”.

 Tamén informamos que, como en anteriores anos, no momento de expedir o cheque descontaremos as cotas adeudadas á Anpa en caso de non ser socios, posto que é requisito imprescindible para os usuarios de comedor ser socios da Anpa

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies