Llame AhoraBlog
CONFAPA GALICIA

FOLGA 9 DE MARZO. COMUNICADO DE CONFAPA-GALICIA

Estimadas Socios. Como saberedes pola prensa, a subcomisión parlamentaria encargada de acadar un pacto educativo que concrete unha lexislación educativa de consenso comenzou hai días o seu traballo, as reválidas quedan suprimidas “de facto” ata acadar ese pacto. A convocatoria de folga do día 9 de marzo estivo pensada para reclamar básicamente estas cuestións.

Ante estas circunstancias e o ter constatado que a percepción social da folga que nos transmitistedes desde moitas ANPAS é de falta de apoio polas razóns mencionadas, CONFAPA-GALICIA ven de tomar a decisión de retirarlle  o noso apoio a folga do 9 de marzo convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, por un exercicio de responsabilidade.

 

Achégase comunicado completo, que estará na nosa web,   http://fedapascoruna.org/ xunto con mais información relacionada.

 

Un cordial saúdo

Lola Blanco Sanguiñedo

Presidenta Federación Provincial de ANPAS da Coruña

Deja un comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies