Llame AhoraBlog
3º SAIDA POE. CONCERTO PABLO DIAZ

3º SAIDA POE. CONCERTO PABLO DIAZ

Boas tardes:

Os vindeiros martes 12 e 19 de decembro, os nenos  e nenas inscritos en POE no módulo dos martes: “ENXEBRE”, poderán asistir a un concerto de Pablo Díaz.

Pablo Díaz debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC, coa editorial Kalandraka, acadando un éxito espectacular en Galicia. Có seu segundo traballo, TOC TOC, acadaou o premio ao mellor traballo de música infantil nos premios Martín Códax 2014. Ese mesmo ano, presenta “Xente Miúda, moita fartura”, o seu traballo máis íntimo e dedicado ao público de menor idade. O máis actual é “TIC TAC TOC”, que de seguro cosechará os mesmos éxitos.

Por razóns de aforo, os colexios repariránse nestes dous días, de tal xeito que o día 12 de decembro realizarase no CEIP ANXO DA GARDA e participarán os seguintes centros:

ANXO DA GARDA, SAN FCO. JAVIER, SAL  LECCE (QUE IRA A PÉ), RAQUEL CAMACHO E SAN PEDRO DE VISMA. e o día 19 de decembro, realizarase no CEIP JUAN FDEZ. LATORRE e participarán os seguintes centros:

JUAN FDEZ. LATORRE, CURROS ENRIQUEZ, EUSEBIO DA GARDA, LABACA, PRÁCTICAS ANEJA, ROSALIA DE CASTRO E ZALAETA.

Será dentro do horario da actividade. é dicir, sairán dos coles ás 16:00 h. e chegarán aos coles entre as 18:00 e 18:10 h. segundo se baixen de primeiros ou segundos (porque compartirán bus con outro cole).

Os nenos e neas que desexen participar,  deberán entregar a autorización debidamente cumplimentada aos educadores antes da saída, de non ser así non poderán asistir.

Os educadores xa dispoñen das autorizacións, para poder entregalas aos nenos e nenas este mércores.

Adxuntamos o modelo de autorizacións para a vosa información.

Recordamos que es día non haberá actividade de POE, porque os monitores son os acompañantes nesta saída.

Para calquera cuestións o aclaración o respecto, non dubidedes en chamar o anpa

Un saúdo

+info: Autorización

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies