Llame AhoraBlog
SEGUNDO TRIMESTRE DOS OBRADOIROS DO P.O.E.

SEGUNDO TRIMESTRE DOS OBRADOIROS DO P.O.E.

Desde a Anpa Mar do Orzán queremos informarvos que o día 21 de decembro finaliza o prazo de renovación da inscripción no segundo trimestre de actividades do Programa de Ocio Educativo do Concello.

Podedes confirmar a continuidade do/a voso fillo/a realizando o ingreso no número de conta de Arquia (na rúa Emilia Pardo Bazán, 27): ES10 3183 1500 93 0001123424, indicando o nome da/o alumna/o e POE2.

O coste total da actividade trimestral, desde xaneiro a marzo, é:

  • 5 días á semana: 30 €
  • 4 días á semana:  25 €
  • 3 días á semana:  20 €
  • 2 días á semana:  15 €
  • 1 día á semana:   10 €

Para novas incorporacións terían que cubrir a ficha de inscripción, á súa disposición en conserxería e na oficina do ANPA, e traer xustificante de pago. As actividades están dirixidas a alumnos/as de educación infantil e 1º e 2º ciclo de primaria (1º, 2º, 3º e 4º) en horario de 16:00 a 18:00h.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies