Llame AhoraBlog
REPARTO AYUDAS COMEDOR CURSO 2016/2017

REPARTO AYUDAS COMEDOR CURSO 2016/2017

Estimados/as socios/as:

Desde a Anpa Mar de Orzán queremos comunicarvos que imos realizar o pago das axudas da Consellería de Educación a todas as persoas usuarias do comedor escolar no curso pasado correspondentes aos seguintes períodos: curso académico 2016/2017.

A forma de pagamento será mediante cheque bancario que se entregará no local da Anpa, en horario de 16 a 18 h os días 6 e 7 de febreiro.

Para evitar aglomeracións repartiremos ás persoas segundo a letra do primeiro apelido da/o
nena/o nos seguintes días:

∙ MARTES, 6 DE FEBREIRO: LETRAS A-M
∙ MÉRCORES, 7 DE FEBREIRO: LETRAS N -Z

As persoas que non poidan vir o día que lle corresponda poden recoller o cheque calquera outro día, tendo que esperar a que estén firmados polas dúas persoas autorizadas. Para verificar a identidade necesitamos o DNI ou pasaporte da nai, pai ou titor legal do comensal.

Lembrámosvos o acordo adoptado pola asemblea do 28 de abril de 2010, despois da consulta desta asociación á Federación de Apas de colexios públicos de A Coruña: “o dereito dos asociados a reclamar o importe correspondente a unha determinada subvención decaerá transcorrido un ano desde o inicio do período de cobro”.

Tamén informamos que, como en anteriores anos, no momento de expedir o cheque descontaremos as cotas adeudadas á Anpa en caso de non ser socios, posto que é requisito imprescindible para os usuarios de comedor ser socios da Anpa.

Asi mesmo, aqueles usuarios de comedor que teñan algun recibo pendente con Jardanay non poderan recoller o seu cheque hasta estar o día cos mesmos.

Para aquelas personas que non poidan vir a recoller o cheque adjuntamos un autorizacion para que se recolla no seu nome. Ademas de vir coberto, debera adjuntar fotocopia do DNI da persoa representada.

 

+info: Nota e autorizacion subvención comedor 2016/2017

A Coruña, 25 de xaneiro de 2018

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies