Llame AhoraBlog

2ª EDICIÓN DOS CAMPAMENTOS TECNOLÓXICOS FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Os campamentos tecnolóxicos da Fundación Universidade da Coruña e TechAcademy for Kids & Teens teñen como obxectivo achegar a nenos/as e mozos/as á ciencia e a tecnoloxía. Neles, dáselles a posibilidade de descubrir e experimentar o mundo das novas tecnoloxías a través do xogo. Os participantes poden aprender a programar e deseñar videoxogos, así como a construír e programar robots. Os programas destes campamentos pretenden motivar a mozos/as a aprender, innovar e fomentar o desenvolvemento de habilidades necesarias para o traballo en equipo e ademais axúdalles a desenvolver a súa creatividade.Aprender a programar non é diferente a aprender a tocar un instrumento ou practicar un deporte ou aprender un idioma, aínda que ao principio, como pais e nais os poida intimidar. Aprender código achégalles á resolución de problemas, máis alá do manexo de algoritmos como a maioría da xente cre. Xa que se combinan moitas das habilidades de aprendizaxe do século XXI, que serán críticas para o éxito no futuro: pensamento creativo, claridade na comunicación, análise sistemática, colaboración efectiva, deseño reiterativo e aprendizaxe continua.

Preparados para que os seus fillos/as vivan un sen fin de experiencias?
Campus de Elviña do 24 de Agosto o 4 de Setembro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies