Desde aquí podéis consultar y descargar los estatutos que rigen el funcionamiento del Anpa Mar do Orzán. Se complementan con los Reglamentos de Comedor y Actividades

DENOMINACIÓN FINS DOMICILIO ÁMEIO

Coa denominación Asociación de Pais de Alumnos Mar do Orzán de CEIP Eusebio da Guarda de A Coruña, actualizase esta Asociación ó amparo da lei Orgánica do Derecho á Educa­ción 8/1985 e da lei Orgánica 1/2002 do 22 de Marzo e demais leis e disposicións complementarias con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar carecendo de ánimo de lucro 

Esta Asociación constituiuse por tempo indefinido 

Terá como fins os seguintes: 

  1. Asistir ós pais e titores en todo o que se refire á educación dos seus fillos e pupilos
  2. Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro 
  3. Promover a participación dos pais dos alumnos na xestión do Centro
  4. Asistir ós pais dos alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do Centro
  5. Facilita-la representación dos pais de alumnos no Consello Escolar do Centro
  6. Estimular á participación dos pais de alumnos na programa­ción xeral da ensinanza a través do órgano colexiado corres­pondente
  7. Fomenta-las relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno
  8. Promove-la plena realización do principio de gratuidade no ámeto do Centro así como a efectiva igualdade de dereitos de tódolos alumnos sen discriminación por razóns socioeconómicas,ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo 
  9. Requerir ós poderes públicos o cumprimento das leis, regra­mentos e plans de actuación relativos á educación recabando a atención e axudas que ésta merece
  10. Promover actividades formativas, culturais e de estudio
  11. Promover reunións de colaboración de pais con profesores e as boas relacions entrambos
  12. E todos aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei

Para o cumprimento destes fins realizaranse lóxica­mente todas aquelas actividades formativas, culturais e de estudio, e reuniones con tódolos sectores da comunidade educa­tiva e todas aqueloutras tendentes a cumpri-los fins sinalados e que sexan conformes á lei e decididas polos órganos compe­tentes 

  1. Para a realización das actividades que lle son propias á Asociación utilizará locais do Centro a cuio efecto o Director facilitará a integración de ditas actividades na vida escolar tendo en conta o normal desenvolvimento da mesma
  2. A efectos da utilización dos locais do Centro á que se re­fire o apartado anterior será necesaria a previa comunicación da Xunta Directiva da Asociación á Dirección do Centro

Para o mellor cumprimento dos fins esta Asociación integrouse na Federación Provincial de APAs de Centros Públi­cos de A Coruña e conxuntamente con outras APAS na Confedera­ción Galega de APAS de Centros Públicos (CONFAPA-GALICIA) e a nível estatal na Confederación Española de APAS (CEAPA) 

O ámbito da Asociación alcanzará a tódolos concellos onde residan os alumnos do Centro Educativoe e fixa o seu domicilio en CEIP Eusebio da Guarda, Plaza de Pontevedra nº 1 15003 de A Coruña 

ÓRGANO DE REPRESENfACIÓN

A Asociación estará representada e administrada por unha Xunta Directiva formada por: 

  • Presidente,
  • Vicepresidente
  • Secretaria
  • Administrador-Tesoureiro
  • Vocais mínimo un

Tódolos cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos. Estes serán designados e revocados pola Asamblea Xeral Ordina­ria ou Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de dous anos, renovándose a partir es do segundo ano cada ano a metade dos membros 

Os membros da Xunta Directiva que agotaran o prazo para o que foron escollidos continuarán ostentando os seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación dos que os van sustituir 

A eleccion dos membros da Xunta Dirctiva pola correspondente asamblea sera polo procedemento de listas abertas

A Xunta Directiva elexirá de entre-los seus membros os cargos correspondentes 

As vacantes que se puideran producir por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva ou por incumprimento das obligacións inherentes ó cargo, poderán cu­brirse provisionalmente por membros que designe a Xunta Direc­tiva ata que se celebre a primeira reunión da Asemblea Xeral 

A Xunta Directiva reunirase tódolos meses do curso escolar e ademáis sempre que sexa convocada polo seu Presiden­te.

Tamén deberá reunirse, a petición dun tercio da totalidad dos seus componentes.

Quedará válidamente constituida cando asista a metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados pola maioria dos votos correspondentes ós presentes. No caso de empate o do do presidente será de calidade para deixar sen efecto o empate

As facultades da Xunta Directiva extenderanse con carácter xeral a tódolos actos propios das finalidades da Asociacion sempre que non requiran segundo estes Estatutos autorización expresa da Asemblea Xeral 

Son facultades particulares da Xunta Directiva: 

  1. Dirixi-las actividades da Asociación e leva-la xestión eco­nómica e administrativa acordando realizar os oportunos actos e contratos
  2. Executa-los acordos da Asemblea Xeral
  3. Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral os balan­ces contas e programa anual das actividades
  4. Resolver sobre a admisión de socios se fose necesario
  5. Nomear delegados para alguna determinada actividade da Aso­ciación
  6. Calquear outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asamblea e sexa conforme segundo a lei

O Presidente terá as seguintes atribucións:

  1. Repre­sentar legalmente á Asociación ante toda clase de Organismos Públicos ou privados:
  2. Convocar presidir e levantar as sesións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva así como di­rixi-las deliberacións dunha e doutra
  3. Ordear pagos e firmar xunto co Administrador-Tesoureiro os libramentos cheques etc
  4. Recibir en nome da Asociación calquera cantidade provin­te de subvencións de Entidades Públicas e/ou privadas
  5. Autori­zar coa súa firma os documentos actas e correspondencia da Asociación
  6. Adoptar calquer a medida urxente que a boa marcha da Asociación aconsella ou no que o desenvolvimento das suas actividades resulte necesaria ou convin te sen perxuicio de dar conta posteriormente á Xunta Directiva
  7. Asumirá tamén en todo caso tódalas facultades que a Lei establece

O Vicepresidente será o encargado de sustituir ó Presidente en ausencia deste, motivada por enfermidade ou cal­quera outra causa e terá as mesmas atribucións que éste.

O Presidente poderá delegar neste as suas competencias para a atención ou xestión de asuntos determinados ou un conxunto dos mesmos previa conformidade da Xunta Directiva

O Secretário terá ó seu cargo a Dirección dos traballos meramente administrativos da Asociación, expedir certitificacións, levar os Libros da Asociación legalmente estabrecidos e o arquivo de Asociados, e custodiará a documentación da Entidade facendo que se cursen as comunicacións sobre de­signación de Xuntas Directivas e demáis acordos sociais inscribibles nos correspondentes rexistros, asi como a presenta­ción das contas anuais e do programa de actividades, e o cum­primento das obrigacións documentais nos termos que legalmen­te correspondan. Ademáis velará pola conservación dos locais sociais e gardará o selo da Asociación 

O Administrador-Tesoureiro estará encargado de re­cadar e conserva-los fondos e bens da Asociación. Levará o Li­bro de Caixa e firmará os libramentos de fondos xunto co Pre­sidente. Elaborará o proxecto do presuposto que a Xunta Direc­tiva debe presentar ante a Asamblea Xeral e preparará as con­tas que deban someterse a dita Asamblea 

Os Vocais terán as obligacións propias do seu cargo como membro da Xunta Directiva e poderán recibir por acordo desta o encargo de presidir ou coordinar grupos de traballo asi corno a execución de encargos, comisións, representacións e outras tarefas que pola Xunta Directiva lle fosen encomenda­das 

As vacantes que se poideran producir durante o man­dato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre ditos membros ata a elección definitiva pola Asamblea Xeral 

A Asemblea Xeral é o órgano supremo e soberano da Asociación e estará integrada por tódolos socios 

As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias

  • Ordinaria, celebrarase obligatoriarnente unha vez ó ano dentro dos catro meses seguintes ó peche do exercí­cio e nela proporase a aprobación das contas e presupostos e o programa xeral da actuación social. Tamén nela se procederá á elección de membros da Xunta Directiva cando corresponda por imperativo estatutario
  • Extraordinarias, celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuicio do Presidente, cando a Xunta Directiva o acorde ou cando o pida ou solicite formal­mente por escrito un tercio dos asociados 

As convocatorias das Asambleas Xerais realizarasé por escrito expresando o lugar día e hora da reunión así co­mo a orde do dia con expresión concreta dos asuntos a tratar.

Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da asamblea en primeira convocatoria, haberán de mediar ó menos 7 días poidendo, asimesmo, facerse constar a data e hora en que se reunirá a asamblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo inferior a media hora 

As Asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán válidamente constituidas en primeira convocatoria cando concorran a ela a mayoria dos asociados, e en segunda convocatoria calquera que sexa o numero de asociados presentes.

Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen ós nega­tivos non sendo computables a estes efectos os votos en branco nin as abstencións

Será necesario o voto favorable dos dous tercios dos asociados presentes na asamblea para adoptar as seguintes decisións: 

  1. Disposición e Enaxenación dos Bens
  2. Solicitude de Declaración de utilidade Pública da Asocia­ción
  3. Integración en Federacións
  4. Modificación Estatutária
  5. Disolución da Asociación

SOCIOS

Poderán ser membros da Asociación tódolos pais ou titores maiores de idade, dos alumnos que cursan estudios no CEIP Eusebio da Guarda Plaza de Pontevedra 21 CP 15003 A Coruña 

Serán dereitos dos asociados:

  1. Ser elexible para tódalas funcións representativas da asociacion
  2. Ter voz e voto nas reunións da Asociación
  3. Tomar parte que en tódalas actividades da Asociación e utiliza­los servicios que poidan establecerse en beneficio dos socios
  4. Dirixir peticions e propor iniciativas os Organos de Goberno da Asociacion
  5. Recabar e recibir da Xunta Directiva canta informacion precisen sobor a xestion asociativa
  6. Asistir a todalas reunions e actos convocados pola Xunta Directiva
  7. Colaborar activamente no cumprimento dos fins da Asociacion e na execucion e eficacia dos mesmos

Seran deberes dos socios:

  1. Observar e cumpri-los estatutos da Asociacion e os acordos da Asamblea
  2. Contribuir economicamente o sostimento da Asociacion na forma e modo en que se estableza na Asamblea Xeral

Causara Baixa da Asociacion:

  1. Por peticion do interesado
  2. Por baixa dos fillos matriculados no centro
  3. Por impago das cuotas mediando un apercibimento previo da Xunta Directiva
  4. Por incumprimento dos Estatutos
  5. Pola utilizacion da Asociacion con fins alleos os especificos da mesma

Para excluir a calquer socio polas causas dos apartados 4 e 5 deste articulo, debera abrirse un expediente pola Xunta Directiva no que se sinalaran detalladamente os feitos que orixinan a expulsión.

Asimesmo deberase oir o propio expedientado que podera presentar un prego de descargo alegando o que considere convinte na sua defensa, e que se unira o expediente que estudiara a Xunta Directiva e propora a decision que considere oportuna.

Se optase pola expulsión presentaraa na próxima Asamblea Xeral que, despois de oir a Xunta Directiva e o socio, se o solicita, tomara unha decisión que será inapelable.

Os recursos económicos para o desenvolvimento dos fins e actividades da Asociación serán os seguientes: 

  1. As cuotas dos socios, periódicas ou extraordinarias, que se­rán determinadas pola Asamblea Xeral a proposta da Xunta Di­rectiva
  2. As subvencións, legados, herencias ou doacións que pudiera recibir de forma legal e que sexan aceptados tanto que prove­ñan de personas físicas ou xurídicas
  3. Calquer outro recurso de procedencia lícita

A Asociación carece de patrimonio fundacional.

O patrimonio social que se vaia constituindo estará composto por tódolos bens que se adquiran para a realización dos fins so­ciais.

A súa administración corresponde á Xunta Directiva 

O exercicio asociativo e económico coincidirá co inicio e finalización do curso escolar que fixe a Administra­ción Educativa para cada ano académico

DISOLUCIÓN

Esta Asociación disolverase voluntariamente cando asi o acorden a Asemblea Xeral convocada a tal efecto e por acordo dunha maioria de dous tercias dos asociados

No caso de disolución nombrarase unha comisión li­quidadora a cal unha vez extinguidas as débedas e se existise sobrante liquido se destinará a aquelas entidades sen fin de lucro adicadas á realización de fins educativos cun espíritu similar ó que anima esta asociación e que se sinalará na Asem­blea Xeral na que se acorde a liquidación.

En todo cando non esté previsto nos presentes estatutos apli­carase a vixente lei orgánica l/2002 do 22 de marzo regulado­ra do Dereito de Asociación así como a lei orgánica 8/1985 reguladora do Dereito á Educación do 3 de Xullo de 1985, e de­máis disposicións especificas da aplicación provintes da Comunidade Autónoma de Galicia ou do Dereito Estatal Supletorio en ausencia do autonómico, segundo dispón a Constitución Española