Llame AhoraBlog
Hosting por dinahosting.

TEATRO EN INGLES

TEATRO EN INGLES NO EUSEBIO DA GUARDA(ACTIVIDADE DO CONCELLO)
1,2,3 ACTION ! by theatrical
Aprendendo inglés a través do teatro.
• Programa para aprender a usar o inglés mentres se preparan breves representacións con profesores nativos, poñendo en práctica o léxico por medio de sinxelos diálogos en divertidos mini dramas.
• Método Theatrical: O método theatrical esta baseado no uso intuitivo do idioma. Os alumnos van adquirindo progresivamente o vocabulario e as estructuras gramaticais necesarias para unha comunicación espontánea e natural axeitada a os seus niveis.
O 100% da clase é oral, apoiándonos no material gráfico deseñado exclusivamente para nós e complementado con técnicas de teatro que fortalecen outras capacidades máis alá do inglés. Todos os profesores son nativos e falan en inglés durante a clase.
Aprendemos a través da practica: dos xogos, das cancións, da actividade física. Unindo voz e corpo. Poñemos aos nenos en contexto, na escea de teatro do final da clase manexamos todo o vocabulario utilizado durante a sesión nun contexto concreto. Repetimos as esceas de teatro, pois a base de repetir recordamos e interiorizamos o aprendido.
O vocabulario e a gramática aprendense de xeito natural, directa e intuitiva.
PERSOAS DESTINATARIAS
• Escolares de 5º e 6º de Primaria.
• Ratio mínima 12 e máxima 15 participantes
PERÍODO DE REALIZACIÓN
De outubro de 2014 a maio de 2015

HORARIO:
Martes de 16:00-18:00

CUSTO
18€ mensuais

INSCRICIÓN ALUMNOS (sólo online)
Ficha de solicitude específica “TEATRO ESCOLAR EN INGLÉS”
https://www.edu.coruna.es/coruna_educa_familias/teatro_ingles/
Do 10 ao 30 de setembro de 2014
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición
As listas de persoas admitidas publicaránse na web educativa (www.edu.coruna.es) o 3 de outubro. A actividade comenzará a semana do 6 de outubro.
NOVIDADES PARA ESTE CURSO
As representacións teatrais participarán na gala final do XXVI Certame de Teatro Escolar a celebrar durante o mes de maio no Teatro Rosalía de Castro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia de usuario. Si continúa navegando las está aceptando y nuestra política de cookies.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies