CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR

Información ás familias

A actividade de natación lévase a cabo por niveis de tal xeito que, faise unha evaluación inicial do alumnado e ábrese unha ficha individual co fin de recoller a evolución de cada neno ou nena ó longo do curso. As clases de natación teñen unha duración de 45 minutos reais e dáselles 10 minutos para cambiarse antes e despois da actividade co fin de que o tempo de ocupación da clase, vestiario e transporte non sexa excesivo para os escolares.
Por todo iso, facemos as seguintes recomendacións:

  1. Que o neno ou nena utilice ropa axeitada, cómoda que lle facilite a tarefa de vestirse e espirse. É convinte que o seu vestiario e obxectos persoais (toalla, gorro…) estean marcados co seu nome, apelidos e colexio para evitar posibles perdas.
  2. O equipamiento básico de natación será o seguinte: chancletas, gorro e toalla. É convinte usar albornoz e gafas de baño, no caso de que os nenos ou nenas poidan ser sensibles a los productos propios da auga da piscina. De calqueira maneira, as gafas non se usarán ó comenzo da campaña para unha maior adaptación ó medio acuático.
  3. Aconséllase que non traian obxectos personais como reloxo, cadeas, aneis, etc.
  4. Sería convinte que leven unha bolsa accesoria co fin de separar as prendas secas da roupa mollada.
  5. Os nenos e nenas dúchanse antes de entrar na piscina para a inmersión e despóis para eliminar o cloro.
  6. O transporte deberase realizar no autobús facilitado ó efecto que levará unha persoa adulta coa función de acompañante. Nos casos especiais, autorizarase a entrega e recollida dos escolares sempre que se asuma por parte da familia dita responsabilidade. Para iso, debe notificarse cubrindo un impreso que se lle facilitará no centro onde estea matriculado o neno ou nena.
  7. No seu momento suministraráse ás familias unha información persoal da evolución do seu fillo ou filla na campaña de natación.
  8. Por último, comunicámosvos o teléfono da piscina para calquera aclaración :

Piscina de Riazor: 981 18 98 00

HORARIOS DE RECOLLIDA E ENTREGA

O LUGAR DE RECOLLIDA E ENTREGA SERA NA PARTE TRASERA DO COLEXIO (AV. BARRIÉ)

Recollida

15:50

Entrega

17:20

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: