AVISO SOBRE O CAMPAMENTO DE VERÁN E AS OBRAS NO COLEXIO

A tódolos asociados,
Este verán por fin levarase a cabo a realización da cuberta do patio pequeno do Colexio.
Estudiados os riscos e delimitadas as zonas onde haberá obras, este verán por segundo ano consecutivo, haberá campamento e levarao a cabo como o ano anterior, a empresa SerOcio.


Toda a info sobre o campamento

Con todo esto queremos informarlles que durante as vacacións escolares convivirán campamento e obra da cuberta do patio. Os usuarios do campamento harán uso das instalacions interiores, permanecendo as obras nas exteriores, sen que en ningún momento se crucen.

Estamos á súa disposición para resolver calquera dúbida q lle poda surxir nas oficinas da anpa, no nos telefono 617 891 913 (en horario de oficina), no noso email ou no formulario de contacto

Atentamente,
Anpa Mar de Orzán

A %d blogueros les gusta esto: