CAMPAÑA DE NATACIÓN ESCOLAR 2018-2019

natacion
natacion

1. A Campaña de Natación Escolar vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2o ciclo de Ed. Primaria (3o e 4o curso) de Centros Públicos.

2. O número de prazas ofertadas é de 20.

3. A Campaña levarase a cabo na Piscina de Riazor os mércores de 16:15 a 17:00h.

4. O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.

5. Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O centro garantirá a presenza dun adulto que será o responsable dos alumnos durante o tempo que permanezan na parada.

6. O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.

7. O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 19 de setembro.

8. A data prevista de comenzo prevista da Campaña de Natación Escolar será o 1 de outubro.

9. Nomearase por parte de cada centro un/ha coordinador/a da campaña de natación que será a persoa de referencia á efectos de recibir as notificacións e transmitilas ás familias.

10. Unha vez feita a inscrición dos alumnos, informarase ao coordinador/a da Campaña de Natación de cada centro, do número de escolares admitidos, así como dos horarios definitivos da actividade.

A %d blogueros les gusta esto: