Campaña de Natación Escolar 2021-22

¡Saudos Familias!

O Servizo municipal de Deportes infórmanos que volve poñer en marcha a Campaña de Natación Escolar dirixida, como sempre, aos escolares de 2º ciclo de Educación Primaria.

Achegamos información relativa a este programa que, este ano, xestionará directamente a área de Deportes do Concello da Coruña.

O número de prazas ofertadas é de 24.

A Campaña levarase a cabo na Piscina de Riazor os mércores de 16:15 a 17:00h.

A recollida dos nenos realizarase na porta do paseo maritimo as 15:50 e a entrega as 17:20

O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnados

Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O centro garantirá a presenza dun adulto que será o responsable dos alumnos durante o tempo que permanezan na parada.

O custo por alumno é de 47,52€. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.

A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta:

  • Os colexios que acudan á Piscina M. de Riazor: Nas oficinas da C.D de Riazor.
  • Os colexios que acudan á Piscina de San Amaro: Nas oficinas do Club del Mar.
  • Os colexios que acudan á Piscina de San Diego: Nas oficinas do C.D.M. de San Diego.

Lembrar que a data límite para a inscrición é o 8 de novembro e o comezo da actividade será o 15 de novembro.