CAMPAÑA NAVIDEÑA 2020 DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Estimadas familias, un ano mais dende a Anpa Mar do Orzan organizamos polo Nadal unha campaña de recollida de alimentos.

Os alimentos que se consigan serán entregados ó Banco de Alimentos da Coruña, “Rias Altas”, así como a algunha familia necesitada do colexio que así o manifeste a Juán (conserje).

Todos aqueles alimentos que se vos ocurran serán benvidos, pero recordade, que sexan non perecedeiros o con unha data de caducidade bastante grande, por exemplo: conservas de peixe, de vexetais, leite, cacao, galletas, aceite, legumes, etc.

Este ano poden traer os alimnentos os vosos fillos e fillas, pero por motivos de seguridade se queredes traelos vós ten que ser en horarios que non coincidan coas entradas ou saídas.

prazo para traer os alimentos escomenza o Martes 24 de Novembro e a data tope de recollida será o Martes 01 de Decembro as 10:00h.

Agradecemosvos de antemán a vosa colaboración e esforzo nesta época tan dura. Un saudo,

Xunta directiva AMPA MAR DO ORZÁN

A %d blogueros les gusta esto: