COMUNICADO DA XUNTA DIRECTIVA SOBRE A COVID-19

Estimadas Familias, a situación da pandemia estase agravando día a día. Por iso queremos pedir, xunto co Colexio, que extrememos as precaucións ó máximo posible fóra do Centro.

Queremos recordar a obriga de non asistir ás aulas se se está á espera dunha PCR ou do resultado da mesma.

Así mesmo, queremos recordar que, ante calquer posible contacto no entorno cercano, antes de enviar ós nenos ó Colexio, debemos poñernos en contacto co Equipo COVID do Centro chamando ó número de teléfono 981 229264.

Debemos recordar que os accesos ó Colexio son os que son, e aínda que este ano as entradas e saídas están repartidas entre as dúas fachadas, seguimos sendo moitos os pais que formamos grupos nas mesmas de forma inconsciente. A situación actual non nolo permite, por eso pregamos manter as distancias cos e nos accesos ó centro para asegurar a máxima seguridade posible ós nosos fillos.

Son medidas que non gustan a ninguén, pero máis que necesarias no momento actual polo que pregamos a colaboración de todos.

A %d blogueros les gusta esto: