28F: IMOS DE MANIFESTACIÓN

Como xa vos contamos, o próximo sábado 28 de febreiro, as familias estamos chamadas a participar nunha manifestación para defender e reclamar unha educación pública digna, de calidade e cos recursos que os nosos fillos e fillas merecen. Gustaríanos contar coa participación do maior número posible de familias, porque cantas máis sexamos, máis forza terá a nosa mensaxe.

Nos últimos anos, a xestión dos recursos destinados ao sistema educativo público —tanto en persoal docente e non docente como en infraestruturas— amosou importantes carencias. As necesidades acumúlanse e moitas seguen sen resposta ou sen un plan de resolución.

A Federación de AMPAS da provincia da Coruña (FEDAPA) elaborou un INFORME sobre as necesidades dos centros públicos do Concello da A Coruña, que pon de manifesto unha realidade preocupante. Descárgate aquí o informe para saber máis do que esta a acontecer.

A manifestación convocada para este 28 de febreiro pola FEDAPA, co respaldo das AMPAS e AFAS que a integran, está pensada especialmente para as familias, aberta á participación de nenas, nenos e adolescentes, nun ambiente pacífico, respectuoso e reivindicativo.

📆 Día: Sábado, 28 de febreiro de 2026
🕚 Hora: 11:00 h
📍Saída: Praza de Ourense
🎯Remate Explanada do Parrote

Ás familias do Eusebio, propoñémosvos atoparnos previamente na “nosa” praza de Pontevedra, para acudir xuntas se queredes, sobre as 10:45 h cara ao punto de saída.

Á fronte da manifestación haberá unha pancarta principal en representación de todas as AMPAS e AFAS, e no punto de saída repartiranse bandeiríñas e chapas do acto. Non haberá unha pancarta propia da nosa AMPA, polo que vos animamos a traer os vosos propios carteis e mensaxes.

Esta convocatoria é apolítica e sen símbolos partidistas ni sindicais, porque a educación pública é unha responsabilidade colectiva que debe estar por riba de calquer ideoloxía.


O noso centro tal vez no é dos máis perxudicados, si nos comparamos con outros. Pero iso non significa que non teñamos necesidades sen cubrir:

  • Existe unha listaxe de melloras, reformas e obras necesarias que seguen nunha espera interminable, sin data ni planificación prevista de resolución.
  • Temos máis profesorado especialista PT y AL que o curso pasado, pero menos que no curso 2023/2024. Aínda así, segue sendo insuficiente para atender a todo o alumnado como se merece. Esta situación obriga a realizar esforzos constantes ás familias, e cunha sobrecarga para o profesorado, que dificulta unha atención plena e axeitada para todos.

Pero esta reivindicación non é só polo noso centro. É por todos os centros públicos. É por todo o alumnado. É polo presente e o futuro da nosa sociedade.

Son tantas as carencias e tan xeneralizadas que todas las AMPAS e AFAS se uniron para dicir, alto e claro:

“QUEREMOS UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA DIGNA E DE CALIDADE”

Animámosvos a participar. A vosa presenza é importante. A nosa unión é a nosa forza.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.