Charla/Taller para familias del IES Eusebio da Guarda-copia

¡Saudos Familias!

Dende o ANPA do IES Eusebio da Guarda pídenos facervos chegar este recordatorio sobre unha charla moi interesante mañá ás 18h.

Estimadas familias, convidámosvos a participar o próximo martes 14 de novembro ás 18:00 horas á charla/taller impartida por Claudia Rodríguez da “Fundación Amigó“, que terá lugar no Aula Picasso.

O obxectivo da charla é explorar os diferentes estilos educativos que, como nais/pais, temos, así como coñecer as consecuencias que estes estilos teñen á hora de aplicalos sobre os nosos fillos/fillas.

A “Fundación Amigó” realiza unha gran labor de acompañamento ás familias con diferentes recursos e conta con diferentes proxectos, entre eles, o “Proxecto Convivindo“, pensado para favorecer a resolución positiva dos conflitos entre os adolescentes e as súas familias.

Facilitámosvos a dirección da súa páxina web para máis información: www.fundacionamigo.org.

Un saúdo, Xunta Directiva ANPA RIAZOR

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.