
¡Saudos familias!
Seguindo co proxecto de EDUCANDO EN IGUALDADE promovido pola nosa ANPA, organizamos para este mes de marzo obradoiros para todas as familias do centro.
O obxectivo deste proxecto e axudar ao nosos nenos e nenas a asentar as bases para relacionarse dunha forma máis sana e respectuosa con eles e elas mesmas, e co resto dos seus iguais, xerando contornas de maior coidado e seguridade.
Para isto, contaremos con expertos e expertas educadoras en materia de Igualdade e educación emocional que nos informarán da importancia de educar en IGUALDADE e BO TRATO(roles de xéneros, estereotipos, coeducación, autoestima, resolución de conflitos, asertividade,… dende una perspectiva educativa.
MEDRANDO NO BO TRATO: COMUNICACIÓN NON VIOLENTA
DATA: martes 5 de marzo
HORARIO: de 17.00h a 18.00h
LUGAR: Salón de Actos do Cole.

Contido
- Cultivar un ambiente emocionalmente seguro e receptivo no fogar fortalece os lazos familiares e promove o bo trato, elementos crave para previr as conductas violentas.
- Desenvolver patróns de Comunicación Non Violenta na familia proporciona ás crianzas habilidades para a expresión emocional, a xestión positiva e non violenta do conflito e para o establecemento de límites nas relacións persoais, elementos que na adolescencia constituirán piares para iniciarse nas relacións afectivo-sexuais dende o bo trato.
Traballaremos todas estas cuestións e proporcionaremos tamén estratexias para educar as nenas e nenos no consenso, como factor protector ante as violencias sexuais e de xénero tanto na infancia como na adolescencia.
Achegarase tamén ás familias os protocolos presentes na Guía de actuación ante casos de
violencia de xénero en el ámbito educativo (Xunta de Galicia, 2019).
Así mismo, se dará información de cómo fueron los talleres de igualdad que realizaron en las aulas durante el primer trimestre (en infantil e 1º a 4º EP)
Recomendación
SESIÓN ONLINE / DATA: xoves 7 de marzo / HORARIO: de 19.00h a 20.00h
As prazas son limitadas, polo que Apúntate inscribíndote neste formulario antes do 4 de marzo.
O 4 de febreiro recibirás a confirmación da túa inscrición e, de anotarte á sesión online, un enlace para participar no obradoiro.
Lembra que as prazas son limitadas, se te inscribes e finalmente non podes asistir avísanos enviando un correo electrónico a lentes.violetas@aventeira.com para que poida asistir outra persoa no teu lugar.
SERVIZO DE CANGURAXE
Para favorecer a conciliación e facilitar a asistencia haberá un servizo de canguraxe para as familias que así o precisen.
Apúntate no seguinte formulario para facer uso do servizo de canguraxe.