Dentro do proxecto EDUCANDO EN IGUALDADE impulsado pola ANPA, e que conta coa colaboración e apoio do centro educativo CEIP EUSEBIO DA GUARDA, realizarase un obradoiro de Igualdade, comunicación non violenta e educación emocional co alumnado de 5o de Primaria durante este mes de novembro.

O obxectivo é axudar aos nosos nenos e nenas a sentar as bases para relacionarse dun xeito máis saudable e respectuoso consigo mesmos e co resto dos seus compañeiros, xerando ambientes de maior coidado e seguridade.

Os nenos e nenas da xeración alfa seguen vivindo a diario unha sutil “violencia”, que os condiciona e os empuxa a encaixar nun determinado rol social, coma se fosen personaxes dun xogo que non elixiron. As relacións cos seus compañeiros, a ocupación dos espazos, os deportes que practican, os xogos que escollen, a súa forma de participar nas aulas, incluso a súa comunicación verbal e física, están influenciados por mandatos sexistas, xerando un malestar que, a maioría, non poden identificar nin expresar.

Nos centros educativos esta presión aumenta, xa que pasan dun espazo de intimidade familiar, onde se poden mostrar con maior autenticidade, ao constante recoñecemento social de ter que “ser”: o máis divertido, o que máis golea, o máis bruto, o que mellor xoga a Fortnite ou, pola contra, a que mellor baila, a máis guapa e delgada, a que ten máis amigos, a que máis mola en Tiktok ou a máis popular.

É, neste sentido, no que se propoñen os obradoiros: “SUPERPODERES PARA SER LIBRE: xénero e emocións”. A intención é afondar na dimensión emocional das nenas e dos nenos para que, por unha banda conecten cos seus propios “sentires” e sexan quen de nomealos e localizalos, e por outra, poidan respectar e abrazar a riqueza que da a diversidade de “ser”.

Impartido por SARA VIERNA FERNANDEZ, Educadora Social experta en Igualdade e Educación emocional cunha dilatada experiencia como formadora e consultora neste campo tanto para grupos e persoas individuais como en instituciones públicas (universidades, colexios, institutos, anpas, concellos,…. ) e en entidades privadas, incidindo nos procesos de empoderamento, de igualdade humana e de desarrollo persoal.

Traballando dende unha perspectiva de xénero transversal, mediante dinámicas prácticas e dende a mirada da comunicación NON violenta, a autorreflexión, O mindfulness E la educación emocional:

Espacio de seguridade

¿Qué é un espacio de seguridade?¿Cómo de segura o seguro me sinto en clase? e no patio?

Estereotipos de xénero

¿Qué de todo esto me pasa por ser neno o por ser nena?

Ciclo de regulación emocional

¿Qué me fai sentir? e entonces ¿Cómo me comporto?

Necesidades emocionais

¿Qué necesito en realidade?
¿Qué superpoder teño para transformar o que me custa a min e ó resto?

Esta formación conta co apoio e a financiación da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, pola subvención otorgada á ANPA MAR DE ORZAN no procedimento SI449B de ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO en desarrollo do Pacto de Estado.

En novembro do 2023 impartiuse este mesmo obradoiro ao alumnado de 5º y 6º EP daquel curso, por iso este trimestre realizarase co alumnado do actual curso de 5º EP que non realizou este obraodiro enfocado para o alumnado de último ciclo de primaria. Esperamos poder realizar máis a longo do curso.