I Concurso Samaín 2025

Xa estamos en outubro e iso significa que ¡xa non queda nada para o Samaín! ou Halloween, como prefiras chamarlle.

¡E ANPA queremos celebralo organizando un concurso de debuxos, contos e relatos de terror para os alumn@s! Sigue lendo que che contamos cómo participar.

O concurso máis terrorífico do Eusebio, que sacará o máis creativo e espeluznante dos alumnos do noso cole. ¿queres aproveitar a oportunidade? Avisamos que hai premios: libros, xogos de mesa, entradas para a bolera e algunha sorpresilla más.

¿Quén pode participar?

Tódolos alumnos e alumnas do CEIP EUSEBIO DA GUARDA, dende os máis peques de 3 anos ata os máis maiores do cole de 6º de Primaria.

As categorías nas que se pode participar con traballos sobre a temática do concurso son:

E. INFANTIL

DEBUXO TEMÁTICO

Formato folio en calquera técnica artística que desexen (lapis cores, ceras, acuarelas, collage,…). Valorarase a orixinalidade e calidade do debuxo en función da idade.

1º – 2º PRIMARIA

DEBUXO TEMÁTICO

Formato folio en calquera técnica artística que desexen (lapis cores, ceras, acuarelas, collage,…). Valorarase a orixinalidade e calidade do debuxo en función da idade.

3º – 4º PRIMARIA

CONTO CORTO OU CÓMIC

Realizarase en tamaño folio, facendo unha portada e usando un mínimo de 2 folios.
Podese incluir debuxos.

5º – 6º PRIMARIA

CONTO OU CÓMIC

Realizarase en tamaño folio, facendo unha portada e usando un mínimo de 3 folios e un máximo de 7 folios. Podese incluir debuxos.

CATEGORIA ESPECIAL: GRUPO (6º Primaria)

CONTO OU CÓMIC REALIZADO POR VARIOS AUTORES

Realizarase en tamaño folio, facendo unha portada e usando un mínimo de 3 folios e un máximo de 7 folios. Podese incluir debuxos.
Obra realizada por varios autores participantes dende 3 alum@s ata un máximo de 5 alumn@s por grupo.
Os alumnos de 6º poden presentar obra en categoría individual e tamén participar nun grupo.

Condicións do concurso

  1. Os traballos serán de autoría propia, realizados polos nenos e nenas. Deben ser inéditos, e non premiados noutros concursos.
  2. Valoraremos a creatividade e calidade dos trabajos en función da idade. Nais e pais apoiade a iniciativa e dadelle o soporte que vos pidan para que se expresen libremente, pero tendo en conta que son eles/as os autores 😉
  3. Podense realizar en castelán ou en galego.
  4. Folio escrito ou debuxado por 1 cara (1 páxina por folio).
  5. Identificar a obra cos datos do autor/a no reverso do folio:
    • NOME E APELIDOS ALUMNO/A/S
    • CURSO E LETRA
  6. Garantizarase o anonimato dos participantes, ata o momento no que sexan elixidos os premiados de cada categoría.
  7. Os participantes ao inscribirse, autorizan a ANPA para publicar e/ou exponer os seus traballos, respectando sempre a obra íntegra do autor.

¿Dónde entregar os traballos?

Tedes ata o luns 27 de outubro ás 17.00h para entregalos en Conserxería do cole (preguntar a Juan) depositando a túa obra dentro da caixa específica para este concurso. As obras de varios folios entregalas grampadas ou dentro dun sobre.
Tamén podedes enviar unha copia ao seguinte correo: concursos@anpamarorzan.com
En caso de resultar seleccionado como finalista, solicitarase o orixinal para unha adecuada valoración e deliberación do gañador.

Xurado

O xurado para cada categoría estará formado por: 2 membros da Xunta Directiva da ANPA, 2 persoas do centro (mestres, persoal no docente e/ou monitores) e 1 nai/pai voluntarios asociados á ANPA. 
As nais/pais do xurado valorarán nas categorías nas que NON participen os seus fillos/as, para unha maior imparcialidade. Polo tanto haberá nais/pais distintos no xurado para cada categoría. 

Valorarase a orixinalidade e a composición do traballo presentado, a creatividade e a adecuación á temática proposta.  
Do 28 ao 29 de outubro, cada membro do xurado seleccionará 2 obras de cada categoría. Reunirase para deliberar e a que teña máis votos será a premiada da súa categoría. 

Gañadores e premios

Elixirase un gañador por categoría, cun total de 4 premios individuais e 1 premio extraordinario para a categoría de grupo.
Os gañadores/as individuais recibirán un PREMIO dotado de libros e/ou xogos de mesa (valor aproximado de 30 €) e o premio para a categoría de grupo será de entradas para a bolera e algunha sorpresa más.   
A comunicación dos gañadores publicarase nesta páxina web o día 31 de outubro de 2025 e os premios entregaranse durante a primera semana de novembro. 

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.