INFORMACIÓN COMEDOR CURSO 2023/2024
¡Saúdos familias! Pasámosvos a información sobre o comedor para o próximo curso. Leédea moi atentamente.
Este próximo será o primeiro despois da pandemia no que funcionaremos normalmente ao 100%. En calquera caso, adaptaremos os nosos servizos e o tempo libre á normativa sanitaria que a Xunta de Galicia defina para o curso escolar, actualizando os nosos protocolos especiais de limpeza e seguridade.
Do mesmo xeito que sucedeu nos tres cursos pasados, se como consecuencia destes protocolos a capacidade se vira limitada, seguiremos os criterios de acceso ao comedor marcados pola ANPA.
O curso pasado incorporamos o servizo de Cambiadores, o cal explicamos aquí.
ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIÓNS – PRAZOS E OPERATIVA
PRAZOS
Inicio do curso: As inscricións para o inicio do curso 2022/23 poderán realizarse desde o día 1 ao 30 de agosto, ambos incluídos, a través da plataforma en liña.
Durante o resto do curso: novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar na web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas únicamente a partir do día 1 do mes seguinte.
As comunicacións realizadas fóra de prazo ou con defectos de forma non terán efecto.
Recordamos que é obrigatorio ser socio/a da ANPA para facer uso dos servizos de comedor e madrugadores. As non socias deberán pagar en concepto de inscrición anual 100€ por usuario/a.
Os formularios deberanse cumprimentar exclusivamente a través da páxina web de Jardanay (sección área clientes e centro escolar).
Non se poderán realizar altas, baixas ou modificacións por teléfono nin por correo electrónico.
Unha vez dentro da zona privada, os diferentes formularios aparecerán na parte esquerda da pantalla.
No caso de querer solicitar máis dun servizo ou para máis dun neno ou nena, deberase encher e enviar un formulario por cada un deles de cada vez.
Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude ao correo electrónico.
No caso de altas ou aumento de días no comedor, recibirase adicionalmente un segundo correo electrónico confirmando a praza.
Nestes dous supostos, é imprescindible contar con este correo electrónico de confirmación para facer uso dos servizos. Non é necesario o correo electrónico de confirmación para o resto dos supostos (madrugadores, redución de días ou baixa do servizo).