¡Saudos Familias!
En colaboración co claustro de profesores e a dirección do noso colexio,ponse en marcha no CEIP EUSEBIO DA GUARDA o proxecto EDUCANDO EN IGUALDADE que se desenvolverá ao longo de todo o curso académico 2023/2024.
Para isto, neste primeiro trimestre contaremos con expertas educadoras en Igualdade de Xénero e Educación emocional que realizarán obradoiros na aula acorde ás distintas etapas:
- Sara Vierna (ALMAS MERAKI) que se encargará de etapas máis maduras, 5º e 6º EP.
- LENTES VIOLETAS AVENTEIRA coordinados por Inés Cebreiro, que se encargarán de atender ao resto de etapas dende Infantil ata 4º EP.
Falarán de roles de xénero, estereotipos, das desigualdades de xénero pero sempre dende unha perspectiva educativa e coa intención de axudar a asentar as bases para o respecto entre homes e mulleres.
Así mesmo proporcionarán ferramentas para comprender as súas emocións e comunicalas asertivamente, para establecer relacións de bo trato e a ética dos coidados entre os alumnos.
Realizaranse tamén xornadas para as Familias, con obradoiros de Coeducacion emocional impartidos por las mesmas educadoras que participaron nos obradoiros cos nenos e nenas.
Prevése realizar máis actividades no 2º e/ou 3º trimestre, das que vos informaremos no seu momento.
ESCOLA DE FAMILIAS: CLAVES E RECURSOS PARA O ACOMPANAMENTO FAMILIAR
Realizaranse obradoiros no Centro Educativo para aquelas Familias con inquedanzas sobre a igualdade e a educación emocional (coeducación, autoestima, asertividade, resolución de conflitos).
Neste sentido, propóñense pilulas de formación coas familias, nas que, dunha banda, trataranse como foron as sesións co alumnado do centro e, doutro lado, ofrecerase unha nova ollada e posibles ferramentas para apoiar a educación emocional e a igualdade no acompañamento dentro do ámbito familiar, para que todos e todas poidan ter un bo desenvolvemento integral.
AXENDA ESCOLA DE FAMILIAS
Data: 2ª quincena de novembro de 2023
Charla participativa “BOAS VIDAS: CLAVES PARA UN ACOMPANAMENTO DA INFANCIA CARA AO SEU DESENVOLVEMENTO INTEGRAL”, impartida por Sara Vierna de ALMAS MERAKI, educadora social experta en xénero e educación emocional.
Desenvolveranse en grupos reducidos e haberá sesións en distintos días para facilitar a participación. Nesta charla terán preferencia as familias dos alumnos de 5º EP e 6º EP.
Durante a primeira semana de novembro, publicaremos as datas e horarios das sesións, para que fagades as inscricións a través da web do ANPA.
Por motivos de coordinación de axendas cos formadores, pospóñense para o 2º trimestre:
- ESCOLA DE FAMILIAS impartida por LENTES VIOLETAS AVENTEIRA, con Inés Cebreiros, Graduada en Educación Infantil e Máster en Políticas Sociais para a Igualdade de Xénero, para as familias de todas as etapas educativas. Sesións en formato presencial e en liña.
- USO SEGURO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS, impartida pola Policía Nacional e/ou o Colexio Profesional de Informáticos de Galicia.
En canto teñamos concretadas as datas, publicarase na web para a súa inscrición.
Este proxecto presenta actividades subvencionables pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade, en base ao procedemento (SI449B), de Promoción da Igualdade entre mulleres e homes e rexeitamento da violencia, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Esperamos que estas xornadas sexan do voso agrado e que participedes!