Taller práctico de iniciación á curtametraxe onde descubriremos o cine dende dentro
Os martes e xoves dos próximos 3 meses, de 16.00h a 16.50h veremos e analizaremos cine. Descubriremos como traballa un equipo de rodaxe e faremos unha curtametraxe, onde vós seredes os guionistas, directores e actores da vosa película.
Para inscribiros podedes pasar pola oficina e cubrir o formulario, ou descargalo e levalo xa cuberto.
