REPARTO SUBVENCION USUARIO COMEDOR CURSO 2017-2018

Estimados/as socios/as:

Dende a Anpa Mar de Orzán queremos comunicarvos que imos realizar o pago das axudas da Consellería de Educación a tódalas persoas usuarias do comedor escolar no curso pasado correspondentes aos seguintes períodos:curso académico 2017/2018.

A forma de pagamento será mediante cheque bancario que se entregará no local da Anpa, en horario de 16 a 18 h os días 11 e 12 de Marzo.
Para evitar aglomeracións repartiremos ás persoas segundo a letra do primeiro apelido da/o nena/o nos seguintes días:

∙ LUNS, 11 DE MARZO: LETRAS A – M

∙ MARTES, 12 DE MARZO: LETRAS N – Z

As persoas que non poidan vir o día que lle corresponda poden recoller o cheque calquera outro día. Para verificar a identidade necesitamos o DNI ou pasaporte da nai, pai ou titor legal do comensal.

REVISIÓN: No momento do pago mediante cheque, despois da acreditación coa documentación indicada, podedes revisar as contías do gasto efectuado no comedor e da axuda que lle corresponda ao voso fillo/a e facer tamén as reclamacións que consideredes oportunas.

Lembrámosvos o acordo adoptado pola asemblea do 28 de abril de 2010, despois da consulta desta asociación á Federación de Anpas de colexios públicos de A Coruña: “o dereito dos asociados a reclamar o importe correspondente a unha determinada subvención decaerá transcorrido un ano desde o inicio do período de cobro”.

Tamén informamos que, como en anteriores anos, no momento de expedir o cheque descontaremos as cotas adeudadas á Anpa en caso de non ser socios.

Lembrámosvos tamén que, e necesario estar ao día nos pagos con Jardanay.

A %d blogueros les gusta esto: