Para facilitarvos que poidades asistir e participar nas charlas e obradoiros para familias promovidas pola ANPA, poñemos a vosa disposición un servizo de coidado e vixilancia do alumnado durante estas sesións.
Para a charla de EDUCACIÓN SEXUAL para mañá, martes 24 de febreiro de 17.30 a 19.30 h tamén contades con este servizo de canguraxe.
Co fin de facilitar a organización do servizo e tamén no caso en que acuda a unha actividade extraescolar no cole que finaliza as 18.00h, agradecemos o anotedes no seguinte formulario para que os monitores de canguraxe xa os recollan ao finalizar a actividade:
SERVIZO CANGURAXE: https://forms.gle/ZMvDcCc3gkKyeveB6
