Desde aquí podéis consultar y descargar los estatutos que rigen el funcionamiento del Anpa Mar do Orzán. Se complementan con los Reglamentos de Comedor y Actividades
DENOMINACIÓN FINS DOMICILIO ÁMEIO
Coa denominación Asociación de Pais de Alumnos Mar do Orzán de CEIP Eusebio da Guarda de A Coruña, actualizase esta Asociación ó amparo da lei Orgánica do Derecho á Educación 8/1985 e da lei Orgánica 1/2002 do 22 de Marzo e demais leis e disposicións complementarias con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar carecendo de ánimo de lucro
Esta Asociación constituiuse por tempo indefinido
Terá como fins os seguintes:
- Asistir ós pais e titores en todo o que se refire á educación dos seus fillos e pupilos
- Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro
- Promover a participación dos pais dos alumnos na xestión do Centro
- Asistir ós pais dos alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do Centro
- Facilita-la representación dos pais de alumnos no Consello Escolar do Centro
- Estimular á participación dos pais de alumnos na programación xeral da ensinanza a través do órgano colexiado correspondente
- Fomenta-las relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno
- Promove-la plena realización do principio de gratuidade no ámeto do Centro así como a efectiva igualdade de dereitos de tódolos alumnos sen discriminación por razóns socioeconómicas,ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo
- Requerir ós poderes públicos o cumprimento das leis, regramentos e plans de actuación relativos á educación recabando a atención e axudas que ésta merece
- Promover actividades formativas, culturais e de estudio
- Promover reunións de colaboración de pais con profesores e as boas relacions entrambos
- E todos aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei
Para o cumprimento destes fins realizaranse lóxicamente todas aquelas actividades formativas, culturais e de estudio, e reuniones con tódolos sectores da comunidade educativa e todas aqueloutras tendentes a cumpri-los fins sinalados e que sexan conformes á lei e decididas polos órganos competentes
- Para a realización das actividades que lle son propias á Asociación utilizará locais do Centro a cuio efecto o Director facilitará a integración de ditas actividades na vida escolar tendo en conta o normal desenvolvimento da mesma
- A efectos da utilización dos locais do Centro á que se refire o apartado anterior será necesaria a previa comunicación da Xunta Directiva da Asociación á Dirección do Centro
Para o mellor cumprimento dos fins esta Asociación integrouse na Federación Provincial de APAs de Centros Públicos de A Coruña e conxuntamente con outras APAS na Confederación Galega de APAS de Centros Públicos (CONFAPA-GALICIA) e a nível estatal na Confederación Española de APAS (CEAPA)
O ámbito da Asociación alcanzará a tódolos concellos onde residan os alumnos do Centro Educativoe e fixa o seu domicilio en CEIP Eusebio da Guarda, Plaza de Pontevedra nº 1 15003 de A Coruña
ÓRGANO DE REPRESENfACIÓN
- Artigo 8
- Artigo 9
- Artigo 10
- Artigo 11
- Artigo 12
- Artigo 13
- Artigo 14
- Artigo 15
- Artigo 16
- Artigo 17
- Artigo 18
- Artigo 19
- Artigo 20
A Asociación estará representada e administrada por unha Xunta Directiva formada por:
- Presidente,
- Vicepresidente
- Secretaria
- Administrador-Tesoureiro
- Vocais mínimo un
Tódolos cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos. Estes serán designados e revocados pola Asamblea Xeral Ordinaria ou Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de dous anos, renovándose a partir es do segundo ano cada ano a metade dos membros
Os membros da Xunta Directiva que agotaran o prazo para o que foron escollidos continuarán ostentando os seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación dos que os van sustituir
A eleccion dos membros da Xunta Dirctiva pola correspondente asamblea sera polo procedemento de listas abertas
A Xunta Directiva elexirá de entre-los seus membros os cargos correspondentes
As vacantes que se puideran producir por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva ou por incumprimento das obligacións inherentes ó cargo, poderán cubrirse provisionalmente por membros que designe a Xunta Directiva ata que se celebre a primeira reunión da Asemblea Xeral
A Xunta Directiva reunirase tódolos meses do curso escolar e ademáis sempre que sexa convocada polo seu Presidente.
Tamén deberá reunirse, a petición dun tercio da totalidad dos seus componentes.
Quedará válidamente constituida cando asista a metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados pola maioria dos votos correspondentes ós presentes. No caso de empate o do do presidente será de calidade para deixar sen efecto o empate
As facultades da Xunta Directiva extenderanse con carácter xeral a tódolos actos propios das finalidades da Asociacion sempre que non requiran segundo estes Estatutos autorización expresa da Asemblea Xeral
Son facultades particulares da Xunta Directiva:
- Dirixi-las actividades da Asociación e leva-la xestión económica e administrativa acordando realizar os oportunos actos e contratos
- Executa-los acordos da Asemblea Xeral
- Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral os balances contas e programa anual das actividades
- Resolver sobre a admisión de socios se fose necesario
- Nomear delegados para alguna determinada actividade da Asociación
- Calquear outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asamblea e sexa conforme segundo a lei
O Presidente terá as seguintes atribucións:
- Representar legalmente á Asociación ante toda clase de Organismos Públicos ou privados:
- Convocar presidir e levantar as sesións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva así como dirixi-las deliberacións dunha e doutra
- Ordear pagos e firmar xunto co Administrador-Tesoureiro os libramentos cheques etc
- Recibir en nome da Asociación calquera cantidade provinte de subvencións de Entidades Públicas e/ou privadas
- Autorizar coa súa firma os documentos actas e correspondencia da Asociación
- Adoptar calquer a medida urxente que a boa marcha da Asociación aconsella ou no que o desenvolvimento das suas actividades resulte necesaria ou convin te sen perxuicio de dar conta posteriormente á Xunta Directiva
- Asumirá tamén en todo caso tódalas facultades que a Lei establece
O Vicepresidente será o encargado de sustituir ó Presidente en ausencia deste, motivada por enfermidade ou calquera outra causa e terá as mesmas atribucións que éste.
O Presidente poderá delegar neste as suas competencias para a atención ou xestión de asuntos determinados ou un conxunto dos mesmos previa conformidade da Xunta Directiva
O Secretário terá ó seu cargo a Dirección dos traballos meramente administrativos da Asociación, expedir certitificacións, levar os Libros da Asociación legalmente estabrecidos e o arquivo de Asociados, e custodiará a documentación da Entidade facendo que se cursen as comunicacións sobre designación de Xuntas Directivas e demáis acordos sociais inscribibles nos correspondentes rexistros, asi como a presentación das contas anuais e do programa de actividades, e o cumprimento das obrigacións documentais nos termos que legalmente correspondan. Ademáis velará pola conservación dos locais sociais e gardará o selo da Asociación
O Administrador-Tesoureiro estará encargado de recadar e conserva-los fondos e bens da Asociación. Levará o Libro de Caixa e firmará os libramentos de fondos xunto co Presidente. Elaborará o proxecto do presuposto que a Xunta Directiva debe presentar ante a Asamblea Xeral e preparará as contas que deban someterse a dita Asamblea
Os Vocais terán as obligacións propias do seu cargo como membro da Xunta Directiva e poderán recibir por acordo desta o encargo de presidir ou coordinar grupos de traballo asi corno a execución de encargos, comisións, representacións e outras tarefas que pola Xunta Directiva lle fosen encomendadas
As vacantes que se poideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre ditos membros ata a elección definitiva pola Asamblea Xeral
A Asemblea Xeral é o órgano supremo e soberano da Asociación e estará integrada por tódolos socios
As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias
- Ordinaria, celebrarase obligatoriarnente unha vez ó ano dentro dos catro meses seguintes ó peche do exercício e nela proporase a aprobación das contas e presupostos e o programa xeral da actuación social. Tamén nela se procederá á elección de membros da Xunta Directiva cando corresponda por imperativo estatutario
- Extraordinarias, celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuicio do Presidente, cando a Xunta Directiva o acorde ou cando o pida ou solicite formalmente por escrito un tercio dos asociados
As convocatorias das Asambleas Xerais realizarasé por escrito expresando o lugar día e hora da reunión así como a orde do dia con expresión concreta dos asuntos a tratar.
Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da asamblea en primeira convocatoria, haberán de mediar ó menos 7 días poidendo, asimesmo, facerse constar a data e hora en que se reunirá a asamblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo inferior a media hora
As Asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán válidamente constituidas en primeira convocatoria cando concorran a ela a mayoria dos asociados, e en segunda convocatoria calquera que sexa o numero de asociados presentes.
Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen ós negativos non sendo computables a estes efectos os votos en branco nin as abstencións
Será necesario o voto favorable dos dous tercios dos asociados presentes na asamblea para adoptar as seguintes decisións:
- Disposición e Enaxenación dos Bens
- Solicitude de Declaración de utilidade Pública da Asociación
- Integración en Federacións
- Modificación Estatutária
- Disolución da Asociación
SOCIOS
Poderán ser membros da Asociación tódolos pais ou titores maiores de idade, dos alumnos que cursan estudios no CEIP Eusebio da Guarda Plaza de Pontevedra 21 CP 15003 A Coruña
Serán dereitos dos asociados:
- Ser elexible para tódalas funcións representativas da asociacion
- Ter voz e voto nas reunións da Asociación
- Tomar parte que en tódalas actividades da Asociación e utilizalos servicios que poidan establecerse en beneficio dos socios
- Dirixir peticions e propor iniciativas os Organos de Goberno da Asociacion
- Recabar e recibir da Xunta Directiva canta informacion precisen sobor a xestion asociativa
- Asistir a todalas reunions e actos convocados pola Xunta Directiva
- Colaborar activamente no cumprimento dos fins da Asociacion e na execucion e eficacia dos mesmos
Seran deberes dos socios:
- Observar e cumpri-los estatutos da Asociacion e os acordos da Asamblea
- Contribuir economicamente o sostimento da Asociacion na forma e modo en que se estableza na Asamblea Xeral
Causara Baixa da Asociacion:
- Por peticion do interesado
- Por baixa dos fillos matriculados no centro
- Por impago das cuotas mediando un apercibimento previo da Xunta Directiva
- Por incumprimento dos Estatutos
- Pola utilizacion da Asociacion con fins alleos os especificos da mesma
Para excluir a calquer socio polas causas dos apartados 4 e 5 deste articulo, debera abrirse un expediente pola Xunta Directiva no que se sinalaran detalladamente os feitos que orixinan a expulsión.
Asimesmo deberase oir o propio expedientado que podera presentar un prego de descargo alegando o que considere convinte na sua defensa, e que se unira o expediente que estudiara a Xunta Directiva e propora a decision que considere oportuna.
Se optase pola expulsión presentaraa na próxima Asamblea Xeral que, despois de oir a Xunta Directiva e o socio, se o solicita, tomara unha decisión que será inapelable.
Os recursos económicos para o desenvolvimento dos fins e actividades da Asociación serán os seguientes:
- As cuotas dos socios, periódicas ou extraordinarias, que serán determinadas pola Asamblea Xeral a proposta da Xunta Directiva
- As subvencións, legados, herencias ou doacións que pudiera recibir de forma legal e que sexan aceptados tanto que proveñan de personas físicas ou xurídicas
- Calquer outro recurso de procedencia lícita
A Asociación carece de patrimonio fundacional.
O patrimonio social que se vaia constituindo estará composto por tódolos bens que se adquiran para a realización dos fins sociais.
A súa administración corresponde á Xunta Directiva
O exercicio asociativo e económico coincidirá co inicio e finalización do curso escolar que fixe a Administración Educativa para cada ano académico
DISOLUCIÓN
Esta Asociación disolverase voluntariamente cando asi o acorden a Asemblea Xeral convocada a tal efecto e por acordo dunha maioria de dous tercias dos asociados
No caso de disolución nombrarase unha comisión liquidadora a cal unha vez extinguidas as débedas e se existise sobrante liquido se destinará a aquelas entidades sen fin de lucro adicadas á realización de fins educativos cun espíritu similar ó que anima esta asociación e que se sinalará na Asemblea Xeral na que se acorde a liquidación.
En todo cando non esté previsto nos presentes estatutos aplicarase a vixente lei orgánica l/2002 do 22 de marzo reguladora do Dereito de Asociación así como a lei orgánica 8/1985 reguladora do Dereito á Educación do 3 de Xullo de 1985, e demáis disposicións especificas da aplicación provintes da Comunidade Autónoma de Galicia ou do Dereito Estatal Supletorio en ausencia do autonómico, segundo dispón a Constitución Española