Taller de Ciberseguridade para Pais e Nais coa Policía Nacional. Plan Director

¡Saudos Familias!

O vindeiro luns 11 de marzo ás 18h, organizamos un taller sobre ciberseguridade onde expertos da Policía Nacional falaranos durante unha hora sobre redes sociais, videoxogos, a importancia de crear un entorno dixital seguro, problemas máis frecuentes aos que se poden enfrontar os menores e consecuencias legais para as familias e menores, por un uso indebido dos dispositivos, así como intentar resolver todas as dúbidas que podamos plantexar.

A charla está dirixida aos pais e nais, polo que é interesante que acudades sen os vosos fillos xa que a temática impartida non é para o seu nivel. Se aínda así queredes acudir e tedes que traelos haberá monitores para estar con eles durante a charla.

Animámosvos a participar xa que é unha temática moi interesante e didáctica nun mundo tan conectado como o dos nosos fillos.

Podedes atopar máis información na páxina da Policía Nacional e na web Ciberexpert@s.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.