Escola de Familias 3º, 4º, 5º e 6º de EP

¡Saudos Familias!

Seguindo co proxecto de EDUCANDO EN IGUALDADE promovido pola nosa ANPA convidamos a todas as familias do centro interesadas a participar no seguinte obradoiro proposto para este mes de Novembro.

BOAS VIDAS claves para o acompañamento da infancia cara o seu desenvolvemento integral dende una perspectiva de xénero e da educación emocional

Impartido por Sara Vierna Fernández (ALMAS MERAKI), Educadora Social, experta en xénero e educación emocional.

Obradoiro formativo con familias nas que por unha banda trataremos como foron as sesións co alumnado do centro (5º e 6º EP) e por outra ofreceremos unha nova mirada e posibles ferramentas para apoiar a educación emocional e en igualdade no acompañamento dentro do ámbito familiar para que todas e todos poidan habitar “boas vidas”.

A formación realizarase desde unha perspectiva de xénero transversal e desde un enfoque da educación emocional incluindo ferramentas de comunicación non violenta e coaching educativo.

Será participativa e experiencial e tamén se adaptará ás necesidades do grupo.

OBXETIVO

Potenciar a coeducación emocional na contorna familiar para que poidan gozar dunha “boa vida”.

CONTIDO

  • Retos e logros detectados nas aulas
  • Conciencia e regulación emocional: como as viven?
  • Foco nos nenos: que pasa con eles? Masculinidades tensas vs masculinidades amables e relaxadas
  • Foco nas nenas: que pasa con elas? Feminidades débiles-sexualizadas vs feminidades empoderadas
  • Claves e recursos para o acompañamento familiar

PUBLICO DESTINATARIO

Para todas as familias con nenos e nenas no CEIP EUSEBIO DA GUARDA, destinado principalmente para os de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

ONDE E CANDO SE CELEBRA

Co obxetivo de poder participar o maior número de familias realizaranse varias sesións:

  • 16/11/2023 Hora: 16.15 h – 19.00 h
  • 20/11/2023 Hora: 16.15 h – 19.00 h
  • 27/11/2023 Hora: 16.15 h – 19.00 h

LUGAR

Salón de Actos do colexio.

Tamen habera formularios de inscripción na conserxeria, pero darase prioridad a inscripción online.

Podrán apuntarse ambos proxenitores, e en caso de una demanda elevada de inscripcións limitarase a que poida acudir só un.

Aberto para todas as familias que teñan inquedanzas nos temas a tratar, máis asignaranse as prazas polo seguinte orden de preferencia:

1º.- Orden de inscripción.
2º.- Familias de alumn@s de 5º e 6º de Primaria.
3º.- Familias de alumn@s de 3º e 4º de Primaria.
4º.- Familias de alumnos dos demáis cursos.

GARDA E CUSTODIA DE NEN@S DURANTE AS SESIÓNS

Para facilitar que poidades acudir á sesión, a ANPA pon á disposición dos asistentes que o requiran un servicio de garda e custodia dos nen@s no colexio durante a celebración do Obradoiro.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.